A Seguridade Social

r

A Seguridade SocialA Constitución establece a obriga de manter un Sistema Público de Seguridade Social que outorgue proteción aos cidadáns en situacións de necesidade, especialmente ante a situación de desemprego.Sistema de proteción que ten que xestionar a administracion publica.Principios que organizan o sistema:. Principio de caixa única: é dicir, as cotizacións recadadas en todo o territorio do Estado serven para financiar as prestacións de todos os españois.. Solidariedade entre xeracións: o sistema español como sistema de reparto, supón que as xeracións novas pagan cotizacións para que, con elas, se financien as prestacións dos maiores ou necesitados.Prestacións (axudas da Seguridade Social)A Seguridad Social ofrécenos un amplo cadro de prestacións en forma de servizos , como a asitencia sanitaria ou axudas económicas.

Organización do Sistema

Organización do Sistema

r

Principios que rixen o Sistema de S.S.A Seguridade Social responde de forma universal e solidaria ao conxunto de necesidades individuais fronte a situacións que deben ser protexidas. Esta solidariedade maniféstase desde un dobre punto de vista:* a) Solidariedad entre xeracións: O sistema español como sistema de reparto, supón que as xeracións novas pagan cotizacións para que, con elas, se financien as prestacións dos maiores ou necesitados. * b) Solidariedade entre territorios: O sistema español parte do concepto de caixa única, é dicir, as cotizacións recadadas en todo o territorio do Estado serven para financiar as prestacións de todos os españois.

a

Historia

Dúas Modalidades

Non contributiva

Non contributiva

r

NON CONTRIBUTIVA:Cubre ás persoas sen recursos económicos e que non cotizaran o tempo esixido para ter dereito ás prestacións

Contributiva

Contributiva

r

CONTRIBUTIVA:Acolle a aquelas persoas que coticen ou cotizaran o tempo requerido para ter acceso á Seguridade Social.A modalidade contributiva finánciase a través das cotizacións entre empresarios e os traballadores/as.

Réxime Xeral

r

Réxime Xeral:É o dos traballadores e servizos ao que pertencen a maioría dos traballadores.O empresario está obrigado a solicitar a afiliación a alta á Seguridade Social dos seus traballadores

Rexímenes Especiais

r

Rexímenes EspeciaisAcollen aos trabajadores que polas características do seu traballo requiren un réxime diferente ao xeral. Entre os rexímenes especiais máis importantes están:. Réxime Especial dos Traballadores autónomos (RETA). Funcionarios Públicos (MUFACE). R. Agrario. R. Trabajadores do Mar.. O Seguro Escolar e tamén un Réxime Especial.

Organismos

INSS

INSS

r

Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS)Ten entre as súas funcións o recoñecemento das prestacións (axudas económicas) que outorga a Seguridade Social

Servizo Público de Emprego Estatal

Servizo Público de Emprego Estatal

r

Servizo Público de Emprego* Planifica e impulsa propostas de políticas de emprego centradas nas necesidades das persoas e das empresas (orientación profesional mediante itinerarios individuais e personalizados, formación para o emprego, programas de fomento do emprego, etc.) * Xestiona as prestacións por desemprego, facendo efectivo o dereito das persoas desempregadas á protección. * Realiza investigacións, estudos e análises, de ámbito estatal, sobre a situación do mercado de traballo e as medidas para melloralo.

TGSS

TGSS

r

(TGSS) - Tesorería General da Seguridade SocialXestiona os pagos e os recursos económicos.

Prestacións (contributivas) Réxime Xeral

r

ddffd

Incapacidade Temporal (IT)

Incapacidade Temporal (IT)

r

Incapacidade TemporalCobre os salarios deixados de percibir polos traballadores e traballadoras que por razóns de saúde se atopan en situación de baixa médica.O traballador/a ten a obriga de remitir o parte de baixa á empresa, posteriormente iranse dando ao traballador partes baixa de confirmación. Unha vez obtida a alta, debe incorporarse ao traballo ao día seguinte entregando ese mesmo día o parte de alta.

Continxencias comúns

Continxencias comúns

r

IT- Contixencias comúns. Pode ser unha Enfermidade Común (EC) ou un Accidente Non Laboral (ANL).Periodo de carencia.No caso da Enfermidade Común (EC):Esíxelle para recibir as prestacións 180 dias cotizados nos 5 anos anteriores á baixa.Duración:12 meses, prorrogables por outros 6 meses cando se considere que o traballador/a poida ser dado de alta por curación.O ANL non ten período de carencia.

Enfermidade común (EC)

Enfermidade común (EC)

r

Enfermidade ComúnAlteracións da saúde que non teñan a categoría de accidente de traballo ou enfermidade profesional.

Accidente non laboral (ANL)

Accidente non laboral (ANL)

Cuantía da prestación por CC

Cuantía da prestación por CC

r

BR= (BCC mes anterior á baixa)/días cotizadosCuantía da prestación-Os 3 primeiros dias da baixa non se cobran, a menos que o diga un convenio colectivo .-Do 4º ao 20º dia da baixa cóbrase o 60% da Base Reguladora (BR). Os 12 primeiros dias a cargo da empresa).-Do 21º en adiante o 75% da BR.

Continxencias profesionais

Continxencias profesionais

r

IT- Por Continxencias ProfesionaisA Incapacidade Temporal (IT) pode derivarse de:- Accidente de Traballo (AT)- Enfermidad Profesional (EP)Período de carencia.Non existe período de carenciaDuración:12 meses, prorrogables por outros 6 meses cando se considere que o trabajador/a poida ser dado de alta por curación e outros 6 meses máis no caso de enfermidad profesional se é necesario para o estudo e diagnóstico da enfermidade.

Accidente de traballo (AT)

Accidente de traballo (AT)

r

Definición de Accidente de traballoÉ toda lesión corporal que o traballador/a sofra con ocasión ou por consecuencia do trabajo que execute por conta allea .Polo tanto, para que un accidente teña esta consideración é necesario: Que o traballador/a sofra unha lesión corporal. Entendendo por lesión todo dano ou detrimento corporal causado por unha ferida, golpe ou enfermidade. Asimílanse á lesión corporal as secuelas ou enfermedades psíquicas ou psicolóxicas. Que execute unha labor por conta allea. Que o accidente sexa con ocasión ou por consecuencia do traballo, é dicir, que exista unha relación de causalidade directa entre traballo - lesión.

Enfermidade profesional

Enfermidade profesional

r

Definición de Enfermidade Profesional (EP)“a contraída a consecuencia do traballo executado por conta allea nas actividades que se especifiquen no RD que regula o cadro de enfermidades profesionais recoñecidas , e que esta proceda pola acción de elementos ou substancias que no devandito cadro se indiquen para cada enfermidade profesional”. As enfermidades profesionais que non se encontren reflectidas no cadro de EP establecido legalmente, poden quedar incluídas no concepto de accidente laboral, pero non terán a consideración de enfermidade profesional.

a
Cuantía da prestación por CP

Cuantía da prestación por CP

r

Maternidade/Paternidade

Maternidade/Paternidade

r

Prestación económica que trata de cubrir a perda de rendas ou ingresos que sofren @s traballador@s cando se suspende o contrato ou se interrompe a súa actividade para gozar dos períodos de descanso por maternidade, adopción, acollemento e tutela, legalmente establecidos.Consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora  correspondente. A duración do período de descanso é de 16 semanas ininterrompidas, ampliable no  caso de parto, adopción ou acollemento múltiple, de discapacidade e de hospitalización do recén nacidoEn caso de parto, cando ambos proxenitores traballen, a nai, ao iniciarse o período de descanso por maternidade,  poderá optar por que o outro proxenitor goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, de forma simultánea ou sucesiva co da nai.Beneficiarios:@s traballador@s por conta allea e conta propia, incluídos os contratados para a formación e a tempo parcial.

Período de carencia

r

Período de carenciaMENORES DE 21 ANOS: Non hai período de carencia.ENTRE 21 e 26 ANOS: Esíxelle 90 días cotizados nos últimos 7 anos ou 180 días cotizados ao longo de toda a vida laboral.MAIORES DE 26 ANOS: Esíxelle 180 días cotizados nos últimos 7 anos ou 360 días ao longo de toda a vida laboral.Subsidio non contributivoNo caso de que a nai non reúna o periodo de cotización esixido, terá dereito a un subsidio. A prestación económica consiste nun subsidio, cuxa cuantía diaria será igual ao 100% do IPREM durante os 42 primeiros días posteriores ao parto.

Cuantía e BR

Cuantía e BR

r

Cuantía da prestaciónCóbrase o 100% da BR durante toda a prestación.BR= (BCC mes anterior) / (30 días ou días cotizados).

Paternidade

Paternidade

r

Prestación por Paternidade.Beneficiarios: Traballadores por conta allea.Situación protexida: nacemento de fillo/a e adopción e acollemento.Duración: Ten 13 días.Periodo de carencia:- 180 días dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores á data do inicio da mencionada suspensión ou permiso, ou, alternativamente,- 360 días ao longo da súa vida laboral con anterioridade á mencionada data.Cuantía : 100% da BR

Risco durante o embarazo, lactación ou coidado de menor enfermo

Risco durante o embarazo, lactación ou coidado de menor enfermo

r

Prestación que consiste nun subsidio do 100% da base reguladora decontinxencias profesionaisO dereito a cobro nace o mismo día que se suspende o contrato por estascausas.Extínguese cando a muller traballadora pasa a: * A situación de maternidade * Lactante cumpre 9 meses * Reincorpórase ao seu posto de traballo anterior ou a outro compatible co seu estado ou situación.Non se esixe período de cotización mínimo.Na prestación por redución da xornada de traballo por coidado de menorenfermo grave ou de cancro esíxese o mesmo período de carencia que namaternidade. A duración inicial é dun mes, prorrogable a dous meses.

Cuantía

Cuantía

r

Cóbrase o 100% da BR desde o primeiro día

Incapacidade Permanente (IP)

Incapacidade Permanente (IP)

r

Trata de cubrir a perda de rendas salariais ou profesionais que sofre unha persoa, cando estando afectada por un proceso patolóxico ou traumático derivado dunha enfermidade ou accidente, ve reducida ou anulada a súa capacidade laboral de forma presumiblemente definitiva.

Incapacidade permanente parcial

r

Incapacidade Permanente Parcial:É a que ocasiona ao traballador/a unha diminución igual ou superior ao 33% do rendemento normal para a profesión habitual.

Incapacidade permanente total

r

Incapacidade Permanente Total:É a que inhabilita a un traballador/a para a realización de todas as tarefas dunha profesión determinada sempre que poida dedicarse a outra distinta.

Incapacidade permanente absoluta

r

Incapacidade Permanente Absoluta:Supón a inhabilitación para calquer tipo de profesión.

Gran Invalidez

r

A Gran Invalidez:É a situación na que o traballador/a necesita a asistencia doutra persoa para levar a cabo os actos máis esenciais da vida.

Desemprego

Desemprego

r

DesempregoEsta prestacion ten como obxectivo cubrir temporalmente a falta de ingresos económicos de quen se atopa sen traballo.RequisitosEstar en situación legal de desemprego.Ter cotizado a lo menos 360 días nos 6 anos anteriores.Nota:Quen teña contrato por tempo indefinido de apoio a emprendedores poderá compatibilizar o 25% da prestación co mesmo, sempre que solicite a compatibilidade nos 15 días hábiles seguintes á data de inicio da relación laboral.Duración: (Ver tabla no enlace seguinte)http://www.sepe.es/contenidos/que_es_el_sepe/publicaciones/pdf/pdf_prestaciones/folleto_pres_desemp_esp.pdf

a
Solicitude

Solicitude

r

SolicitudePrazo: 15 días hábiles seguintes (non se contan os domingos nin festivos) ao último día traballado. No suposto de que a empresa lle abonara vacacións por non telas gozado con anterioridade ao cese, debe presentala no prazo de 15 días hábiles seguintes á finalización dese período equivalente ás vacaciones.

Duración

Duración

r

Duración da prestaciónCalcúlase en función das cotizacións realizadas nos últimos 6 anos, sempre que non se tiveran en conta para unha prestación anterior.Mínimo 4 meses por 360 días cotizados e un máximo de 24 meses a partir de 6 anos (2160 días).NOTA: Ver a escala completa en enlace adxunto.

Cuantía e BR

Cuantía e BR

r

Cuantía da prestación e Base Reguladora (BR)BR: Para coñecer a cuantía da prestación que lle corresponde hai que calcular a base reguladora sumando as bases de cotización por continxencias profesionales dos últimos 180 días cotizados á Seguridade Social e dividila entre 180.Cuantía:O importe diario da prestación por desemprego é 70% da BR durante os 6 primeiros meses de dereito e o 50% a partir de dito período.Dependendo o número de fillos/as, existe un mínimo e un máximo de prestación. Consultar guía

Traballo e desemprego

Traballo e desemprego

r

Que sucede se cando estás cobrando o desemprego atopas traballo?Suspensión da prestaciónSe o contrato dura menos de 360 días, cando finalice podes solicitar a reanudación da prestación que interrompiches antes de empezar o traballo.Derecho a opciónSe o contrato dura 360 días ou máis tempo, cando finalice podes elixir entre dúas posibilidades: volver a cobrar a prestación que interrompiches antes de empezar o traballo ou solicitar o cobro da nova prestación contributiva xerada co novo traballo.Cando o dereito á prestación se extinga por realizar un traballo por conta allea de duración igual ou superior a doce meses e se recoñeza unha nova prestación por desemprego sen ter agotado a prestación anterior, a persoa traballadora poderá optar, por escrito e no prazo de 10 días desde o recoñecemento da prestación, entre reabrir o dereito inicial polo período que lle restaba e as bases, porcentaxe e topes que lle correspondían ou percibir a prestación xerada polas novas cotizacións efectuadas.Se la persona traballadora opta pola prestación anterior, as cotizacións que xeraron a nova prestación pola que optou, no poderán computarse para o recoñecemento dun dereito posterior.NOTA. Existe unha situación especial que permite compatibilizar o traballo co cobro do 25% da prestación por desemprego cando se é contratado mediante un contrato de apoio a emprendedores.(Ver máis detalles no enlace adxunto).

Xubilación

Xubilación

r

Idad legal de xubilación 67 años. Pódense retirar aos 65 os quecotizaran 38 anos e 6 meses (traballando desde ls 26´5 anos) ouos traballadores de profesións penosas (a partir de 2027).Pensión máxima: Para os traballadores con 67 anos=ter cotizados 37 años para cobrar 100% (desde os 30)A pensión se calculará sobre a base dos últimos 25 anos cotizados(anteriormente 15). O período mínimo de cotización é de 15 anos.Coidado de fillos. Quen solicite excedencias para coidar aos fill@spoderá sumar 9 meses de cotización por cada un (máximo de 2 anos).Becarios. As prácticas como becarios de quen acabara os estudos universitarios contarán.Xubilación parcial. Endurécese o acceso á mesmaIncentivos ao traballo. Hai melloras para incentivar o retraso na idade de xubilación como poder cotizar menos ou recibir maior pensión

Cambios na pensión de xubilación

Prestación

A crítica